Monday 29 de April de 2024

DA COMEZO 20 ANOS LOST IN SOUND, O CICLO QUE ENCHERÁ DE MÚSICA ELECTRÓNICA O CGAC


 

Coucou chloe, Virgen Maria, LOWLIGHT, Víctor Flores, El Cuerpo del disco y Jus Kno’, así como Chiu Longina, Montse Rego e Lola Dopico, son os artistas que pasarán esta fin de semana polo CGAC para celebrar a exposición Lost in Sound, que supuxo un fito excepcional na Galicia de comezos de século.

Hoxe, 15 de febreiro, ás 19.00 horas inaugúrase 20 ANOS LOST IN SOUND no Centro Galego de Arte Contemporáneo, un ciclo de música electrónica, performances, arte e charlas coas que se abrirán debates tan incómodos como necesarios.

No acto de inauguración participarán:

– Anxo M. Lorenzo Suárez, director xeral de Políticas Culturais.

– Branca Novoneyra, concelleira responsable de Acción Cultural

– Santiago Olmo, director do Centro Galego de Arte Contemporánea

– Víktor Flores, dj e activista cultural que formou parte de Lost in Sound en 1999

Posteriormente á inauguración, os seus protagonistas abrirán un debate titulado: ‘Vinte anos non son nada?’ a través do que trazarán unha viaxe no tempo e as políticas culturais de onte e hoxe.

A continuación, os novísimos compoñentes de JUS KNO’ darán o primeiro concerto da xornada.

Finalizará VÍKTOR FLORES cunha sesión creada especialmente para a ocasión.

O sábado, 16, comezará ás 13.00 horas cunha sesión vermú disco-soul-tropical á cargo dos irmáns Eloi e Yayo Vázquez, máis coñecidos como EL CUERPO DEL DISCO.

Ás 17.00 volverá abrirse o debate coa charla: ‘Ainda aquí. Polvareda ou pouso cultural’ na que participarán algunas das artistas que formaron parte de Lost in Sound: MONTSE REGO, CHIU LONGINA, LOLA DOPICO. Este debate estará moderado por MANUEL OLVEIRA, comisario responsable de dar forma a Lost in Sound en 1999 e hoxe director do MUSAC.

Seguirá a charla: ‘Alta e baixa cultura e a electrónica na era dixital’ na que participarán a performer, dj e artista MARÍA FORQUÉ, máis coñecida como VIRGEN MARÍA, xunto a EL CUERPO DEL DISCO e VÍKTOR FLORES.

Ás 19.30 será o momento de escoitar a LOWLIGHT, o dúo galego que triunfa no mundo, acostumbrados a traballar cos músicos máis importantes da escena urbana.

COUCOU CHLOE, a artista francesa que está renovando os códigos musicais coa fantasía espectral que son os seus directos fará a única actuación que poderá verse en España ademáis da que ten prevista dentro do festival Primavera Sound. Será ás 21.30 horas.

Pechará a xornada a performance de VIRGEN MARÍA que trae ao CGAC o seu novo proxecto musical, G.O.D. co que marca o camiño do que será a electrónica do futuro, mezclando ritmos latinos, producción experimental e estructuras de danza, creadas para caer nun trance meditativo onde o público e o artista conectan entre a sexualidade e a exploración interna.

E para aqueles que queden con ganas de máis, a noite continuará no Melona Club cunha sesión oscura de El Cuerpo del Disco.

20 ANOS LOST IN SOUND é un ciclo comisionado e producido pola produtora I‘m The Mocker para o Concello de Santiago e o CGAC.

O comisario da exposición que se inaugurou en 1999, Manuel Olveira, incitaba no seu momento á reflexión da crise na arte como xeradora de universos visuais en beneficio da publicidade, a moda e os videoclips. Non parece que 20 anos despois este debate esté pechado senón máis aberto que nunca, debido tamén á aparición de novos medios como youtube e Instagram.

O debate está aberto, achegádevos a compartilo e participar del durante estes dous días no CGAC. Un ciclo ambicioso para celebrar un momento único, abrir conversas incómodas e levar a música de baile do século XXI ao museo.

O CICLO 20 ANOS LOST IN SOUND É DE ENTRADA GRATUITA E TEN UN AFORO LIMITADO.